SONY DSC

Alexandra Fernández, diputada de En Marea-Podemos que votó en contra de los presupuestos del PSOE, abandona la política

Alexandra Fernández se ha mostrado muy crítica con la deriva política de su organización y abandona la política institucional.

“Después de una profunda reflexión, pongo fin, pues, a una etapa dura e intensa. Tuve muy claro desde el primero momento que mi tiempo en la política institucional sería limitado. En estos tres años no hice más que reafirmarme en la importancia de estar en la política por convicción y no por necesidades personales. Por eso siempre tuve presente la necesidad de retomar mi carrera. Vuelvo ahora a ella, manteniendo mi compromiso militante desde a base”.

“Estamos en unos tiempos convulsos que requieren respuestas audaces y de mirada larga. Pienso que es el momento para pararse, para reflexionar, para más trabajo al lado de las compañeras, para esa militancia en que los rumbos compartidos generan afectos y proyectos de largo aliento. Porque la Galicia combativa del Nunca Máis, del 15M o del 8M sigue palpitando de urgencia. ¡Continuamos!”


Compañeiras e compañeiros,

Hoxe remata unha lexislatura tremendamente intensa na que, ao longo de tres anos, remamos contra vento e maré por colocar os problemas das traballadoras do noso país na axenda estatal.

Nun primeiro momento, as dificultades viñeron dadas polo feito de a organización estar por construír. Tocoume, daquela, asumir a portavocía do grupo. Con todos os erros da inexperiencia, pero tamén con toda a forza da vontade, comprometinme en visibilizar as nosas demandas na cámara e loitei, contra propios e alleos, por facer valer o aval que centos de miles de galegas e galegos nos deron.

Como portavoz na comisión de Fomento traballei para tentar humildemente perfilar unha estratexia que puxese en valor o potencial da Galiza Atlántica; dunha Galiza que non quere depender dunha política do Estado que co seu modelo radial nos pretende asimilar á España baleira, senón que quere falar dende as súas necesidades e fortalezas. Foi para min estratéxico colocar temas como a AP9, os corredores europeos de mercadorías, o sistema ferroviario, os portos, as estradas… porque as infraestruturas son, á fin e ao cabo, as que xeran as condicións de posibilidade para que teñamos un ou outro modelo socioeconómico e condiciona profundamente as nosas vidas.

Adquirín, tamén, un compromiso persoal para que a comisión de investigación de Angrois saíse adiante, e tiven a sorte de acompañar durante todo este tempo as víctimas e familiares do Alvia, con quen aprendín a importancia do empeño e do tesón. Tralo paso de case medio centenar de comparecentes conseguimos desenmascarar mentiras e medias verdades, e provocamos que funcionarios do Ministerio de Fomento desen un paso adiante para atenuar a opacidade de “verdade” oficial. Quédame a espiña de que o final anticipado da lexislatura deixase no aire a elaboración do informe de conclusións, que espero e desexo que se recollan para a seguinte.

Tiven a sorte de atopar e traballar cunha chea de xente anónima que durante estes anos nos acompañou na nosa labor ao longo do país. E levo tamén o galano de que moita desta xente se convertese en compañeiros e compañeiras. A todas elas, a todas vós, grazas, e grazas tamén a todas as persoas que me queren e ás que lle tiven que sacar horas de dedicación, e a aquelas ás que lle roubei horas de apoio, debates e reflexións.

Despois dunha profunda reflexión, poño fin, pois, a unha etapa dura e intensa. Tiven moi claro desde o primeiro momento que o meu tempo na política institucional había ser limitado. Nestes tres anos non fixen máis que reafirmarme na importancia de estar na política por convicción e non por necesidades persoais. Por iso sempre tiven presente a necesidade de retomar a miña carreira. Volto agora a ela, mantendo o meu compromiso militante desde a base.

Estamos nuns tempos convulsos que requiren respostas audaces e de mirada longa. Penso que é momento para pararse, para reflexionar, para máis traballo ao carón das compañeiras, para esa militancia en que os rumbos compartidos xeran afectos e proxectos de longo alento. Porque a Galiza combativa do Nunca Máis, do 15M ou do 8M segue palpitando urxencia.

Continuamos!

Lee y Comparte. Ayuda a que la contrainformación llegue a más personas.Share on Facebook
Facebook
Share on Google+
Google+
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Reddit
Reddit
Email this to someone
email

3 comentarios

  1. PODEMOS QUE VINO A CAMBIAR LAS COSAS DESDE LA CALLE, CON LA CALLE Y POR LA CALLE, AL TRANSFORMARSE EN PARTIDO POLITICO SE CONVIRTIO EN UN PARTIDO MAS DEL SISTEMA, CON EL SISTEMA Y POR EL SISTEMA.
    EL SISTEMA ESTÁ CONSTITUIDO DE TAL FORMA QUE TODO LO QUE EN ÉL PENETRA ES TRAGADO INMEDIATAMENTE Y CONVERTIDO EN UNO MAS DEL SISTEMA, CON LO CUAL TODA ESPECTATIVA DE CAMBIARLO PROFUNDAMENTE SE DESVANECE.
    NUNCA DEBIÓ CONSTITUIRSE EN PARTIDO POLITICO Y SI SE COMETIÓ EL ERROR DE HACERLO HABÍA QUE HABER EMPEZADO POR DEPURARLO DE OPORTUNISTAS QUE A LO UNICO QUE ASPIRABAN ES A HACERSE UN SITIO, A CONQUISTAR UNA PLAZA, UN ESCAÑO EN EL CONGRESO Y FRAGUARSE UNA PROFESION, UN PORVENIR AL IGUAL QUE CUALQUIER PPERO O PESOISTA.
    MAL MUY MAL, Y HABÉIS DESENCANTADO A LOS ILUSIONADOS CIUDADANOS QUE CREYERON QUE POR UNA VEZ EN LA VIA ALGO IBA A CAMBIAR EN ESPAÑA
    MI GOZO EN UN POZO Y ERREJONISTAS AL ESTERCOLERO DE LA HISTORIA O AL PSOE QUE VIENE A SER LO MISMO Y QUE CARMENA Y CARMONA LES ACOMPAÑEN

  2. Al final , te tienes que tragar tus palabras, Alexandra.
    Se te acabó la dinamita para el BNG:

    De esta manera, Alexandra Fernández ha manifestado que «los militantes del Bloque serán bienvenidos», pero ha precisado que «otra cosa que está clara es que el BNG no quiso participar en los procesos municipalistas y tampoco en esta candidatura».

  3. Gracias Alexandra por o teu tempo solidario.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*