10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega (+ vídeo)

*10 de marzo es el Día de la clase obrera galega. Ese día de 1972 la policía española asesinó a dos trabajadores en Ferrol

Coñeces as orixes do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega? O 10 de marzo de 1972, unha ráfaga de ametralladora segaba en Ferrol as vidas de dous obreiros, Amador Rei e Daniel Niebla, e fería moitos outros por defenderen un convenio axeitado á realidade socio-económica galega, mentres rexeitaban o convenio que a nivel estatal lles querían impor.

A solidariedade de toda a clase traballadora galega non se fixo agardar,e Galiza enteira sentiuse tamén ametrallada. Foi un punto de inflexión histórico.

O sindicalismo nacionalista celebra o 10 de marzo como símbolo emblemático do movemento obreiro galego, xunguindo as nosas reivindicacións de clase e a aspiración á soberanía nacional, traballando no día a día na construción dun marco galego de relacións laborais.

Desde a CIG, que concretiza as arelas que detonaron en 1972, adicamos todos os esforzos para honrar aquelas loitas como se merecen, mediante un modelo sindical combativo, participativo e cos pés na nosa terra, e hoxe, como primeira forza sindical do noso paí.

 

 

(GIG)

 

Lee y Comparte. Ayuda a que la contrainformación llegue a más personas.Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Share on Reddit
Reddit
Email this to someone
email
A %d blogueros les gusta esto: